xoves, 14 de marzo de 2019

CONTO EN LSE

Tódolos luns, á primeira hora, e durante aproximadamente 15 minutos, vennos facer unha visita Tareixa, a intérprete de Lingua de Signos que temos no cole. Tareixa axúdanos a familiarizarnos cunha lingua que ela coñece moi ben e que nós estamos a aprender. 

Dende principio de curso é habitual signar os días da semana, o tempo que fai, algunhas letras... pero agora estamos a aprender cousas máis complicadas como contos e cancións que Tareixa nos presenta e nós practicamos durante a semana. 

Grazas a Tareixa cada vez nos gusta máis acompañar as nosas cancións, contos, refráns coas nosas mans, agora forma parte dun xogo pero co tempo descubrirán a importancia dunha lingua que pouc@s coñecen pero tod@s deberíamos coñecer.

GRAZAS TAREIXA!!!!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario