luns, 4 de maio de 2020

TEATRO DE SOMBRAS

QUEREDES XOGAR A:
 ADIVIÑA, ADIVIÑANZA QUEN SE ESCONDE TRAS A MANTA? 
 DALLE AO PLAY DO VÍDEO E XOGA CON NÓS


QUEREDES AGORA XOGAR VÓS?
Neste vídeo as profes de Educación Física propoñen varios xogos para xogar coas sombras e en familia.
ÁNIMO....PODE SER MOI DIVERTIDO




domingo, 3 de maio de 2020

PROXECCIÓNS CASEIRAS

Con vasos de papel ou tubos de papel hixiénico podes facer as túas propias proxeccións. Só tes que cubrir unha das partes con papel film e debuxar o que queiras nel (con rotulador permanente mellor para evitar que se borre).
Unha vez debuxado ilumina polo outro lado usando a lanterna ou o móvil sobre unha parede branca. Se apagas a luz veralo moito mellor.
Tamén podes escribir letras, palabras, números...Fíxate na posición dos elementos ao proxectar. Notas algún cambio?
Con varios vasos incluso podes facer unha historia.
Podes probar a usar follas, frores...da caixa dos teus tesouros e pegalas no film e proxectalas na parede.
Investiga con outros elementos que teñas por casa.




SEMANA DA LUZ

Esta semana ímola adicar á LUZ, e con ela imos xogar e experimentar.
O primeiro que imos buscar é unha lanterna. Se non tes na casa tamén podes usar a lanterna do móvil de mamá ou papá.
Xoga a facer figuras coas túas mans reflexadas na parede.
Tamén podes inventar outras figuras.
Xogade a adiviñar as figuras que aparecen.


SÉTIMA SEMANA DA CUARENTENA

VITORIA E ÁNXELA VIAXAN ATA NAMIBIA

"Esta semana viaxamos con google earth ata Namibia, onde traballa o noso amigo Rubén estudiando os Guepardos”

 E MIRADE QUE VÍDEO MÁIS CHULO NOS MANDA RUBÉN DENDE ALÍ

VITORIA E ÁNXELA XA LLE MANDARON UN VÍDEO DANDO AS GRAZAS 

E OS SEUS COMPAÑEIR@S DE 4 ANOS A TAMÉN LLE MANDAN MOITOS BICOS E MOITAS GRAZAS POR ESTE DETALLE TAN CHULO.

OS PASEOS DE NOA

"Teño ganas de pasear polo barrio e de ir ao colexio, e vos boto moito de menos"


OS PASEOS DE PABLO

PABLO MANDA MOITOS BICOS PARA TODOS E TODAS


E TAMÉN NOS MANDA O RETO CUMPLIDO DE ROI
A PROFE MARÍA TAMÉN O SUPEROU PERO NON PODE MANDAR VÍDEO JAJAJAJAJAJAJA