PARABÉNS NOÉ, SABELA, MAURO, ERIC E MARCOS
martes, 1 de novembro de 2016
SAMAIN
Moitas grazas ás familias por participar na exposición de cabazas e coa axuda prestada cos disfraces dos nen@s.
BAILE DE ESQUELETOS NA PORTA DA CLASE
domingo, 23 de outubro de 2016
MOMENTO DE RINCÓNS
Saber "circular" polos distintos rincóns do aula nun clima de calma, con autonomía, con liberdade pero respectando as normas, foi un dos obxectivos destas dúas últimas semanas.
O respecto, a escucha, a atención, o tono de voz...son algúns dos obxectivos importantísimos a traballar nun aula...
...ESTÁMOLO CONSEGUINDO E SEGUIREMOS MELLORANDO!!!



PRIMEIRA SAÍDA DO CURSO
Comenzamos a tempada de saídas escolares cunha actuación da Banda Municipal de Santiago e a coñecida contacontos Paula Carballeira que nos foi contando unha historia na que os protagonistas eran os instrumentos musicais.
domingo, 29 de maio de 2016
REPASANDO AS EMOCIÓNS CON ESCORNABOT
Grazas
a colaboración dunha familia de un dos nosos pequechos, estivemos
repasando ás emocións con Escornabot, dentro do noso proxecto “O
monstro das cores”.
Consiste nun
proxecto de robot educativo para iniciar ós nenos e nenas mais
pequenos no campo da robótica e a programaicón. Escornabot pode
executar secuencias e movementos que son programadas polo propio neno
ou nena.
Antes
de comezar a utilizalo, o presentamos e lle asignamos un nome entre
todos “COCHE”. Despois, comezamos a aprender a utilización
deste escornabot á vez que repasabamos as emocións en LSE (lingua
de signos) e tamén expresamos o que sentimos nese propio momento
(algría-programamos a escornabot hacia o monstro amarelo, tristeza-
programamos ó esconabot hacia o monstro azul...).
ACTIVIDADES PERSOALIZADAS CON TINY TAP
Durante
este curso escolar utilizamos moitísimo esta app chamada TINY TAP.
Con
ela, podemos crear actividades persoalizadas para os nosos alumnos/as
tanto na escola como para familias e organizacións. Podemos crear
presentación interactivas, historias, quizzes, xogos educativos, e
adecuar a nosa clase á metodoloxía Flipped Classroom.
Tamén
nos facilita a integración e aprendizaxe da Lingua de Signos (LSE).
Aquí podedes xogar co últimos tiny tap realizado a raíz da excursión ó parque zoológico de Marcelle, sobre os animais en LSE.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)










