xoves, 26 de marzo de 2020

ZUME DE LARANXA

Zume de laranxa: pura vitamina C!

Hoxe para o almorzo vos propoño que fagades vós un REFRESCANTE e SABOROSO ZUME DE LARANXA.
PARA QUÉ?

Para fortalecer as nosas defensas e que desaparezan os virus que nos fan esbirrar ou tusir, protexer os nosos dentes e os nosos ósos (calcio) e para previr e non sufrir no baño axudando a que a nosa caca estea “máis branda”, polo seu contido en fibra.

Cando fagas o zume pensa no seguinte:

-En cántas partes tes que cortar as laranxas para facer o zume?
  • Cántas laranxas leva cada vaso de zume?
  • Cántas laranxas se necesitan para dous vasos de zume
  • E para tres vasos de zume?
Desfruta do teu almorzo!!!
Ah!! E non esquezades meter as mondas no colector de lixo orgánico!!!


LÍA XA FIXO O SEU ZUME DE LARANXA



Ningún comentario:

Publicar un comentario