sábado, 14 de marzo de 2020

AVISO PARA AS FAMILIAS

QUERIDAS FAMILIAS:

Para axudar durante este período no que imos ter que pasar moito tempo nas casas, irei actualizando o Blog con actividades para poder facer na casa e manter, na medida do posible, un horario parecido ao que tiñamos na escola.
Na páxina web do cole tamén acabamos de instalar unha AULA VIRTUAL, na que se irán colgando contidos para cada nivel escolar.
É importante non saturar con demasiadas actividades que requiran moita concentración e non sobrepasar dos 20/30 minutos cunha só actividade.
E lembrade que para seguir avanzando nas aprendizaxes é preciso dar seguridade e confianza nos nenos e nenas. Evitade frases como: "así non", "así está mal", "non entendes nada" e cambiadeas por:   "Tí podes facelo mellor" "seguro que o consigues" "si queres te podo axudar", "quizais pode ser doutro xeito". Non esquezades que a situación actual é excepcional e todos e todas imos a estar máis nervi@s e cansad@s. Cando unha actividade esté resultando pesada para eles ou para vós non dubidedes en cambiar.
Respetade os momentos de ocio, xogo libre, esparcemento e momentos de lectura de contos, cancións e baile.

MOITO ÁNIMO A TODOS E TODAS E COIDEMOS QUE PRONTO RECUPEREMOS A NORMALIDADE NAS NOSAS VIDAS.

APERTAS 

5 comentarios:

  1. Grazas Maria, ánimo a tod@s.
    Noelia

    ResponderEliminar
  2. Moitas gracias, María! Entre todos o conseguiremos! Van sair uns sabios!

    ResponderEliminar
  3. Grazas María!! Iremos seguindo as actividades! Ánimo a todo o mundo! Imos superalo!

    ResponderEliminar
  4. Moitas grazas é MOITO ÁNIMO a tod@s.

    ResponderEliminar