luns, 16 de marzo de 2020

RUTINAS DE TARDE

É importante polas tardes manter tamén as rutinas diarias aproveitando para facer actividades en familia como:

-recoller a mesa onde comimos
-lectura de contos
- xogos de mesa: cartas, parchís, oca, dominó
-cociñar algo: galletas, biscoitos...
-facer teatro, karaoke, maxia
-manualidades....

Irei poñendo algunhas actividades chulas para pasar as tardes.


HOXE CONTO EN LSE QUE NOS MANDA TAREIXA:



Non esquezades saír tódolos días ás 20:00 á venta da casa para aplaudir a toda esa xente que está traballando e coidando de todos nós. Será o momento máxico do día que estarán desexando que chegue. Podedes deixar que acompañen con algún instrumento que teñades en casa.




1 comentario:

  1. Moitísimas gracias por todas a suxerencias e opcións! Tentaremos facelas aos poucos!!!

    ResponderEliminar