sábado, 21 de marzo de 2020

COMENZAMOS A SEMANA

BOS DÍAS CHICOS E CHICAS

Hoxe empezamos unha nova semana e teño que decirvos varias cousas:
1.- Estou SÚPER ORGULLOSA de todos e todas vós porque estades aguantando moitiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiisimo tempo sen saír á rúa a xogar e pasear, por que non vos queredes atopar co coronavirus.
2.-Temos que cambiar a data no calendario da volta ao cole. Non podemos voltar ata o 14 DE ABRIL e ata o 12 de abril non poderemos saír á rúa. E sabedes por qué? Os que saben i as que saben moito disto din que o coronavirus está encantado de vivir en Santiago e aínda non quere marchar, por iso temos que estar ben agochados en casa para que non nos vexa e seguir lavando moito as mans antes de comer. Cando non atope a ninguén na rúa MARCHARÁ e poderemos saír outra vez.

PERO SABEDES QUE VOS DIGO?

O NÚMERO 14 É UN NÚMERO MOI CHULO.

CREO QUE É UN BONITO DÍA PARA VOLVER A VERNOS. 

VOUNO MARCAR TAMÉN NO MEU CALENDARIO PARA NON ESQUECELO.

BICOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOS

3 comentarios:

  1. ola María: pero volvemos o Martes 14, non? creo que o Luns 13 non sexa lectivo porque entra nas vacacións de semana santa.
    Bicos e ánimos nesta corentena, grazas polo teu traballo tamén nesta emerxencia,
    Diana e familia

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Bo día. Tes toda a razón, o 13 sería luns de Pascua e non habería cole. Xa está correxido no blog, grazas. Unha forte aperta e moito ánimo para tod@s

      Eliminar
  2. Ola profe María, o día 14 de abril Pepe di que vai a volver, imos tachando os días no calendario da casa e ímolo a marcar como o día máis especial en moito tempo. Esperemos que todos os nenos e nenas e os profes e persoal do cole sexades fortes e non vo pille o coronavirus, entre todos imos conseguir que se marche para non volver.

    ResponderEliminar