XOGO DA OCA DE LETRAS
Hoxe propoño un xogo moi divertido para poder usar calqueira día desta cuarentena.
No Aula Virtual do cole, en 4 anos e dentro do cartafol de LECTOESCRITURA podedes descargar e imprimir o "XOGO OCA LETRAS".
Para xogar só necesitades un dado e unha ficha (boneco, coche...) para ir avanzando en cadrados segundo o número que sae no dado.
Cando caemos nun cadrado debemos decir un nome da clase que empece por esa letra (quen o precise pode utilizar a caixa dos nomes como axuda).
Tedes moitísimas opcións para este xogo segundo as necesidades e os gustos de cada quen:
- Podedes usar outra categoría de nomes: "animais" por exemplo (se tedes a caixa de tarxetas preparada moito mellor para poder usar. Lembrade que cos nomes da clase lles resultará máis doado xa que están máis afeitos)
- Podedes usar as consignas que aparecen ao final do taboleiro: palabras que conteñan esa letra, palabras que rematen con esa letra...
-Poden, cando caen nunha letra, decir a palabra pero tamén a poden escribir.
-Poden usar dous dados e sumar o resultado antes de avanzar coa ficha.
-Podedes imprimir dúas veces o taboleiro do xogo para que sexa máis longo.
-....
*Na entrada anterior do blog tedes un tutorial para entrar na aula virtual
Ningún comentario:
Publicar un comentario