luns, 30 de marzo de 2020

COÑECENDO O DORMITORIO

Hoxe imos descubrir o dormitorio

Para iso propoño varias tarefas:

1.- Facer un plano do mesmo coa axuda dun adulto colocando nel a porta e a ventá para podernos logo orientar.
Sabedes a forma que ten o voso dormitorio? É importante sabelo para podelo debuxar 
Podedes medir con pasos o ancho e o longo e apuntalo no voso plano.
Podedes debuxar distintos elementos que haxa no voso dormitorio: a cama, a mesa, a alfombra...é importante fixarse na forma xeométrica de cada un dos elementos que debuxedes.

2.- Podedes xogar ao "veo, veo" coas cores de cousas que haxa no voso dormitorio.

3.- Podedes facer unha lista de cousa do voso dormitorio que empecen por "A", por "E", por "I", por "O" e por "U"

Ningún comentario:

Publicar un comentario