ACTIVIDADE DE LECTOESCRITURA E LÓXICA MATEMÁTICA:
Escribimos as vogais que faltan dos seguintes nomes e nos círculos ecribimos o número de letras que ten.
Podémolo facer cos nomes que queiramos (da clase ou outros) e logo comprobar se acertamos usando as tarxetas da caixa de nomes.
Para quen queira máis dificultade podemos poñer só a primeira e a última letra e completar o resto do nome.
Para os nenos e nenas que teñan dificultade coa direccionalidade dos números podedes marcar o inicio cun punto e a dirección cunha frecha.
Tamén podedes xogar ao clásico "Aforcado" (cambiando o nome por favor) .
Poñedes a primeira e a última letra e teñen que ir dicindo letras e a ver se adiviñan antes de rematar de completar o nome.
ACTIVIDADE FÍSICA:
Esta vai ser a canción e o baile desta semana
TODAS E TODAS A BAILAAAAAAR!!!!
ACTIVIDADE DE RELAXACIÓN:
Usar unha pluma, algodón, pincel....para acariciar cara, mans, barriga... mentres soa unha música relaxante.
ACTIVIDADE DE PLÁSTICA:
Facer un arco da vella para colgar na ventá de casa podedes escribir algo para animar a toda a xente que está nas súas casas.
Grandes ideas. Gracias polos recursos, agradécense!
ResponderEliminar