Xa que levamos tantos días encerrados na casa, e os que nos quedan, imos a comenzar a terceira semana coñecendo un pouco máis a nosa casa.
Vouvos propoñer vaias tarefas:
1º- Apuntar munha lista cántos enchufes hai en cada habitación da casa: poñer o nome da estancia e o número de enchufes.
2ª- Sumar a número de enchufes totais que hai en casa
3ª- Reflexionar sobre as seguintes cuestións:
-En qué estancia hai maior número de enchufes. Por qué será?
-Para qué usamos eses enchufes?
-De onde sae a electricidade para eses enchufes (ensinar o diferencial principal da casa e o que pasa cando o baixamos)
-Seguir investigando dende onde chega a electricidade ás nosas casas.
-Temos que pagar a electricidade?
-Cómo podemos axudar a aforrar electricidade en casa?