domingo, 3 de maio de 2020

PROXECCIÓNS CASEIRAS

Con vasos de papel ou tubos de papel hixiénico podes facer as túas propias proxeccións. Só tes que cubrir unha das partes con papel film e debuxar o que queiras nel (con rotulador permanente mellor para evitar que se borre).
Unha vez debuxado ilumina polo outro lado usando a lanterna ou o móvil sobre unha parede branca. Se apagas a luz veralo moito mellor.
Tamén podes escribir letras, palabras, números...Fíxate na posición dos elementos ao proxectar. Notas algún cambio?
Con varios vasos incluso podes facer unha historia.
Podes probar a usar follas, frores...da caixa dos teus tesouros e pegalas no film e proxectalas na parede.
Investiga con outros elementos que teñas por casa.




Ningún comentario:

Publicar un comentario