Asocia o nome de cada froita co debuxo correspondente.
(Podes clicar na imaxe para imprimir o documento)
-Tamén podes recortar as tarxetas e colocar cada tarxeta coa súa froita.
-Se imprimes o documento dúas veces e recortas as tarxetas podes xogar ao memory poñendo as traxetas boca abaixo e tentando buscar as parellas iguais (pódelo facer cos debuxos ou coas palabras).
-Se non podes imprimir podes facer as tarxetas das palabras e asociar á froita que teñas na casa, froita que teñas de xoguete, froita recortada dun catálogo de supermercado ou aos teus propios debuxos de froitas.
-Podes elaborar a túa caixa de "NOMES DE FROITAS".
Ningún comentario:
Publicar un comentario