Parece que nos próximos días imos ter un pouquiño de sol.
Podedes aproveitar para pintar e debuxar ao aire libre ou na casa preto dunha fietra onde da o sol e debuxar as sombras que deixan os obxectos nun papel.
Observa o que pasa despois dun rato. Coincide a imaxe trazada coa sombra?
Podedes tamén xogar a : Que cara poño?
Podedes crear distintas expresións faciais no chan e invitar a que busquen a que máis lles inspire ou divirta.
Na imaxe da esquerda están debuxadas as caras con xiz e na dereita sobre area.
Mentras os nenos e nenas xogan coa luz do sol e as súas sombras, podédeslle facer algunhas preguntas:
- Como cres que se fan as sombras? Podes escapar delas?
- Móvense as sombras ao longo do día? E o sol?
- Cando hai sombras máis longas? E máis curtas?
- Cambian as sombras ao longo do día?
Ningún comentario:
Publicar un comentario