domingo, 31 de maio de 2020

ACTIVIDADES PARA FACER NA NATUREZA

ESTIMADAS FAMILIAS, NENOS E NENAS. 
Comenzamos o mes de Xuño inmersos nunha nova fase de desescalada que permite, entre outras cousas, saídas sen franxas horarias nun momento no que se empeza a percibir un normal e previsible cansancio do alumnado. Nalgúns casos tanto pais como nais incorpóranse as seus postos de traballo de forma presencial e todo isto, lóxicamente, está a dificultar a realización de moitas das actividades propostas no blog. 
Dende un primeiro momento, sentín a necesidade de dar resposta a quen precisaba dunha pequena axuda á hora de manter unhas pequenas rutinas no momento de confinamento, pero chegado este punto, no que xa se pode saír máis libremente á rúa, sinto que é preciso recuperar o tempo perdido e desfrutar do espacio exterior,  na rúa,no campo, no bosque, na praia...
Por isto, a partir de agora e ata fin de curso, farei propostas semanais de actividades no exterior para quen queira facer uso delas.
Podedes, como ata agora, seguir mandando fotos e vídeos que seguirei colgando no blog.
Desfrutade desta nova fase e das que espero sigan chegando.
UNHA FORTE APERTA
Seguimos!!!!


2 comentarios:

  1. María, gracias por todo o traballo que estades a facer ti e xs compañeirxs todos estés días, semanas, meses...un HURRA grande, aprendimos moito os peques e tamén os maiores e, persoalmente, foi un grande esforzo que intentamos respostar dentro das nosas posibilidades... aquí votamos de menos a túa paciencia e adicación en persoa pero, no noso caso, superamos a diario moitas trabas e bloqueos cos túas propostas e axuda.
    Parabéns! Agora faremos o mesmo al aire libre!
    Apertas

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas grazas Remedios por estas animosas palabras. A complixidade da situación sempre foi suplida polo vosa actitude, sempre sumando e apoiando as propostas que dende o cole faciamos i eso fixo o noso traballo moito máis doado. Grazas a vós, grazas a tódolas nais e pais polo voso traballo na casa.

      Eliminar