xoves, 24 de decembro de 2020
martes, 22 de decembro de 2020
xoves, 17 de decembro de 2020
sábado, 12 de decembro de 2020
ASCO
Onte falamos das cousas que nos dan asco e das que nos producen pracer. Analizamos e comprobamos como tanto o asco como o pracer o podemos sentir a través dos sentidos: Co olfato (a caca, as flores), co oído (o ruído dun pedo, a música), o tacto (as algas, un aloumiño), co gusto (sabores desagradables e agradables) e útimamente todos e todas coincidimos que estamos a descubrir coa vista algo moi desagradables que atopamos tirado: Máscaras por calqueira sitio polo que pasamos (rúa, parque, campo, praia...) O outro día Beñat tamén nos trouxo unha bolsa chea de basura que atopou coa súa familia nos seus paseos á praia. E todas esas imaxes o certo é que nos dan mooooooooooito asco.
UN CONTO DE NADAL
O xoves falamos do aburrimento e da importancia que tiña para deixar voar a nosa creatividade. Buscamos imaxes ocultas na pintura da porta do armario, figuras nas copas das árbores do patio e ata creamos un conto de nadal entre tod@s ao que finalmente lle puxemos imaxes.
“OS AGASALLOS ROUBADOS DO
NADAL”
ESTA HISTORIA EMPEZA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA NUN LUGAR CUNHAS POUCAS ÁRBORES EN INVERNO. NESTA ÉPOCA ESTÁ A HERBA MOI VERDOSA.
DE REPENTE APARECE PAPÁ NOEL NO CEO MONTADO NUN UNICORNIO VOADOR DE MOITAS CORES E CUN SACO CHEO DE AGASALLOS COLGADO DO SEU CORNO.
REUNENSE PAPÁ NOEL COS REIS MAGOS PORQUE A BRUXA DO NADAL ROUBOU TODOS OS AGASALLOS E METEUNOS NA SÚA CASA EMBRUXADA.
COMO ESTABA NEVANDO
SEGUIRON AS PEGADAS DA BRUXA E AS PISTAS QUE ATOPARON:
1.- LAZOS E PAPEIS DOS AGASALLOS
2.- UN ZAPATO ROIDO DE BRUXA
3.-UN GORRO DE BRUXA
4.-UN FRASCO CON PEDOS DE BRUXA.
CANDO ABRIRON A POCIÓN DE
PEDOS…. PORRRRRRRRRRRROOOOOOOOOO!!!!!!! UN RUÍDO E UN CHEIRO TAN GRANDE QUE A BRUXA
DESAPARECEU DE REPENTE E OS REIS MAGOS E
PAPÁ NOEL PODERON REPARTIR OS AGASALLOS POR TODA A CIDADE CONTENTOS E FELICES
E COLORÍN COLORADO….O NADAL XA ESTÁ
CHEGANDOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO
OS NOSOS MEDOS
O mércores falamos dos nosos medos e de tódalas cousas que podiamos facer para superalos. Na clase os metimos dentro de FANTASMIN e logo pechámoslle ben a boca para que non poideran sair.
martes, 8 de decembro de 2020
3 DE DECEMBRO: "DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE"
Hoxe no Calendario das emocións tócalle o turno á EMPATÍA (capacidade para poñerse no lugar d@s outr@s)
E aproveitando que coincide co DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE fixemos unha actividade para poñernos no lugar das persoas cegas e ver:
-As dificultades que atopan na vida diaria (obstáculos, ruídos..),
-A necesidade de agudizar o resto dos sentidos
-A importancia d@s guías xa sexan persoas ou animais
mércores, 2 de decembro de 2020
2 DECEMBRO: "TÍ PODES"
"TÍ PODES" Confianza – Inseguridade
Hoxe o Calendario das emocións invitounos a facer unha actividade para aprender a apreciar o que facemos e fomentar a confianza en nós mesm@s.
A traves desta actividade podemos darnos conta do ben que facemos as cousas que xa aprendimos e practicamos, e como somos capaces de intentar outras que nunca fixeramos.
martes, 1 de decembro de 2020
CALENDARIO DAS EMOCIÓNS DE DECEMBRO
luns, 30 de novembro de 2020
EXPERIMENTO DO ÓSO
domingo, 29 de novembro de 2020
sábado, 21 de novembro de 2020
domingo, 15 de novembro de 2020
CANCIÓNS SOBRE O NOSO ESQUELETO
PINTANDO O PATIO
domingo, 8 de novembro de 2020
domingo, 1 de novembro de 2020
domingo, 25 de outubro de 2020
luns, 12 de outubro de 2020
RECUNCHOS
sábado, 3 de outubro de 2020
TOMANDO NOTA
Todos e todas descubrimos con esta pandemia que había cousas que cambiar e que moitos deses cambios chegaban para quedarse.
Nas escolas non ía ser distinto. Como mestra estou a descubrir que é posible facer entradas e saídas escalonadas e relaxadas sen necesidade de formar filas e que as mestras poidamos recibir a nenos e nenas cun sáudo e sorriso individual, diferente para cada un deles.
Tamén os espazos de recreo e lecer están sendo mellor aproveitados ao non ter que ser compartidos cun excesivo número de alumnado onde non compartimos xoguetes pero aprendemos outro tipo de xogos e interaccións.
Haberá que tomar nota.
sábado, 26 de setembro de 2020
XA CHEGOU O OUTONO
Durante este curso, e oídas as recomendacións sanitarias priorizando as merendas e actividades no exterior, tentaremos saír en dous momentos da mañá. Cando o tempo o permita contaremos con máis espazos que tentaremos utilizar, tanto dentro do recinto escolar como fora. Cando chova usaremos o patio cuberto.
RECOLLIDA DE FOLLAS