sábado, 3 de outubro de 2020

TOMANDO NOTA

 Todos e todas descubrimos con esta pandemia que había cousas que cambiar e que moitos deses cambios chegaban para quedarse.

Nas escolas non ía ser distinto. Como mestra estou a descubrir que é posible facer entradas e saídas escalonadas e relaxadas sen necesidade de formar filas e que as mestras poidamos recibir a nenos e nenas cun sáudo e sorriso individual, diferente para cada un deles.

Tamén os espazos de recreo e lecer están sendo mellor aproveitados ao non ter que ser compartidos cun excesivo número de alumnado onde non compartimos xoguetes pero aprendemos outro tipo de xogos e interaccións.

Haberá que tomar nota.


 




2 comentarios:

  1. A verdade que non hai mal que por ben non veña! Unha gozada velxs aprendendo e poder aprender con elxs e delxs.
    Aplauso novamente.
    E o de ir merendar ao parque, un 10! A "garida da besta" vaise converter un cráter 🌋

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. JAJAJAJAJA Nun cráter ou nun túnel subterraneo que vai tí saber onde chegará

      Eliminar