martes, 1 de decembro de 2020

CALENDARIO DAS EMOCIÓNS DE DECEMBRO


 1 de decembro: "O Bote das bágoas" 

Hoxe o noso calendario invítanos a encher un bote con todas esas bágoas de tristeza pero tamén de alegría que tantas veces necesitamos botar fora. Nun pano debuxamos esas bágoas e gardámolas con cariño dentro dun bote de cristal como se fosen un tesouro

Falamos das cousas que nos fan felices e daquelas que nos fan taaaaaaan felices que nos fan chorar: as cóxegas de mamá, aquel agasallo especial, o nacemento dun bebé...

E tamén das cousas que nos poñen tristes e que coas bágoas consiguen calmarnos: a morte dun ser querido, cando non nos deixan ver os debuxos preferidos, a tristeza do arrepentimento por botar fora a papá da habitación...


 






4 comentarios:

  1. Que bonito que aprendan cantas cousas poden expresar as bágoas e que non se deben ocultar, fai falla que salgan, son moi necesarias

    ResponderEliminar
  2. Qué bonito!! Grazas profe María! Qué gusto que haxa mestras coma ti que valoren o traballo das emocións e a importancia que teñen no desenvolvemento infantil. Noraboa a ti e aos teus pequenos e pequenas! Aplauso grande 😘

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas profe Isa !!! Sábelo tan ben como eu e por iso o aprezas tanto. Que gusto que haxa mestras tamén coma tí... ;)

      Eliminar