martes, 8 de maio de 2018

MAKING OFF. CÓMO SE FIXO "AS MANOPLAS DE CARAPUCHIÑA"

A continuación podedes ver o vídeo do making off da curta que presentamos ao "CONCURSO DE CURTAS DE ANIMACIÓN EN GALEGO NÓS TAMÉN CREAMOS!",promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, en colaboración coa Corporación de Radio e Televisión de Galicia e mais con OQO editora. 

 Todo o proceso, como poderedes ver, foi unha gran experiencia para o alumnado, principal partícipe na elaboración da curta, tanto na creación de persoaxes, escenarios, voces, texto como no mesmo proceso de realización de fotogramas a través do programa OQO Mottion facilitado pola editorial OQO.

Quen sabe si...algún ilustrador/ora, director/ora de cine ou mesmo actores e actrices do futuro sairán desta canteira de nenos e nenas.


4 comentarios:

  1. Saen todos cineastas!! Menudos artistas que están feitos!! Estamos desexando ver o resultado. Parabéns polo gran traballo realizado!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas grazas Lupe e Moisés. En canto poidamos ensinaremos o resultado...ORGULLOSA DO MEU ALUMNADO!!!!

      Eliminar
  2. Enhorabuena. ¡Vaya curro! Impresionante . Quien os verá en la gala de los Goya

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. jajaja...sí Manuel, a por el Goya vamos. Gracias por tu comentario. En cuanto podamos enseñamos el resultado final.

      Eliminar