Aprender xa dende pequenos a seleccionar a información necesaria para algún tipo de traballo, é doado se saben cómo.
Primeiro tiveron que escoitar un vídeo duns 8 minutos no que se falaba do mundo das abellas e posteriormente, por grupos, debían lembrar aspectos importantes que descoñecían sobre as abellas e o encargad@ de grupo tiña que ir apuntando nun folio as aportacións dos compañeiros.
Tanto o proceso como o resultado foi increíble para ser a primeira vez que o facían. Podédelo ver no seguinte video
AUTÉNTICOS INVESTIGADORES
Ai se os maiores souberamos facelo tan ben!!!! Canto traballiño aforraríamos!!
ResponderEliminarjajajajaja. Sí que é verdade
Eliminar