xoves, 8 de xuño de 2017

PRANTANDO LENTELLAS E FABAS

Onte fixemos a nosa primeira prantación de lentellas. Cada neno e nena encheu con terra un dos vasos de iogurt vacíos que gardamos da merenda deste días e botou un puñado de lentellas, tapáronas con terra, regáronas e puxéronas na ventá para que lle dera o sol.

Só queda esperar, regar, observar... e apuntar na nosa folla de rexistro a ver qué pasa os próximos días. Apuntamos tamén algunha das sorprendentes hipótesis do que podería pasar:
-nacen cenoiras
-nacen tomates
-nace unha pranta carnívora
-nace unha flor....INFORMAREMOS DO QUE VAIA PASANDO.

Ademais puxemos fabas e lentellas en pratos cun papel de cociña húmedo e fabas e lentellas en vasos transparentes con algodón húmedo. Deste xeito poderemos ver cómo xerminan as sementes  que eles prantaron en terra.



Ningún comentario:

Publicar un comentario