xoves, 22 de xuño de 2017

"AS TOMATEIRAS DE IRENE"

A principios deste mes, descubrimos que Irene (a nosa mediadora da once), tiña un horto na súa casa e contounos e ensinounos algúns signos de froitas, verduras e hortalizas. Como viñamos de prantar uns días antes as lentellas, dixo que se queriamos podíanos traer algunhas tomateiras para que cada neno e nena as prantase nunha maceta e poideran levar para a súa casa. 

Trouxo tomateiras de varios tamaños: grandes, medianas, pequenas. Algunhas con frores e outras non. Con moitas follas e poucas. Descubrimos que parte era o talo e cal a raíz para saber cal ten que ir baixo a terra. E descubrimos, despois de varios días de prantadas, como a fror nalgunhas tomateiras, chegou a converterse en pequenos tomates verdes que co tempo mudaran a vermello se regamos e coidamos da nosa pranta.

A continuación podedes ver un vídeo con todo este proceso que tanto interese despertou no alumnado.    

GRAZAS IRENE!!!!!!


 




2 comentarios: