luns, 26 de xuño de 2017

FESTA FIN DE CURSO 2017


A continuación podedes ver o ben que o pasamos na festa de fin de curso....Unha imaxe vale máis que mil palabras.

FELICES VACACIÓNS FAMILIAS
GRAZAS POR TODO
VÉMONOS EN SETEMBRO






xoves, 22 de xuño de 2017

CUMPREANOS DE XUÑO E DE VERÁN

Este mes celebramos os cumpreabnos de Brian, que cumpreu anos en xuño e de Claudia e Nuno que cumpren no verán.

PARABÉNS ADRIÁN, CLAUDIA E NUNO!!!!!




"AS TOMATEIRAS DE IRENE"

A principios deste mes, descubrimos que Irene (a nosa mediadora da once), tiña un horto na súa casa e contounos e ensinounos algúns signos de froitas, verduras e hortalizas. Como viñamos de prantar uns días antes as lentellas, dixo que se queriamos podíanos traer algunhas tomateiras para que cada neno e nena as prantase nunha maceta e poideran levar para a súa casa. 

Trouxo tomateiras de varios tamaños: grandes, medianas, pequenas. Algunhas con frores e outras non. Con moitas follas e poucas. Descubrimos que parte era o talo e cal a raíz para saber cal ten que ir baixo a terra. E descubrimos, despois de varios días de prantadas, como a fror nalgunhas tomateiras, chegou a converterse en pequenos tomates verdes que co tempo mudaran a vermello se regamos e coidamos da nosa pranta.

A continuación podedes ver un vídeo con todo este proceso que tanto interese despertou no alumnado.    

GRAZAS IRENE!!!!!!


 




domingo, 18 de xuño de 2017

MEDRARON AS LENTELLAS!!!!

Mirade que hermosas están as prantas de lentellas e que bonitas quedaron as súas macetas personalizadas... 
E agora xa só tedes que seguir coidando delas na casa ou agasallar a alguén que teña horto para que sigan medrando.


martes, 13 de xuño de 2017

FELIZ DÍA DAS LINGUAS DE SIGNOS. 14 de XUÑO !!!!!

Hoxe, 14 de xuño, celébrase o "DÍA NACIONAL DAS LINGUAS DE SIGNOS ESPAÑOLAS". Adxuntamos o vídeo conmemorativo elaborado por diferentes centros educativos de toda Galicia que contan con alumnado xordo, e no que tamén participamos dende o Quiroga Palacios.




E como participamos tantos colexios na elaboración do vídeo, só poideron poñer un cachiño do que fixeron os nosos alumn@s. Pero a continuación podedes ver o vídeo completo da grabación no noso cole.


E coma sempre dar as gracias a David e Irene, intérprete e mediadora do noso cole, por axudarnos tanto a facer cousas tan bonitas comos estas.



domingo, 11 de xuño de 2017

XERMINARON AS LENTELLAS!!!!

Vaia sorpresa levamos o venres ao chegar a nosa aula!!!!! 

As lentellas que tiñamos no plato con papel mollado e no vaso con algodón húmido xa xerminaron. Iso significa que as que temos na terra tamén, aínda que non as poidamos ver ata que asome o talo.
Só tardaron 2 días, como podedes ver no rexistro de aula, o sol e a calor axudaron no proceso.
Poidemos observar claramente como por un lado da lentella sae a raíz e polo outro lado o talo coas follas.



xoves, 8 de xuño de 2017

PRANTANDO LENTELLAS E FABAS

Onte fixemos a nosa primeira prantación de lentellas. Cada neno e nena encheu con terra un dos vasos de iogurt vacíos que gardamos da merenda deste días e botou un puñado de lentellas, tapáronas con terra, regáronas e puxéronas na ventá para que lle dera o sol.

Só queda esperar, regar, observar... e apuntar na nosa folla de rexistro a ver qué pasa os próximos días. Apuntamos tamén algunha das sorprendentes hipótesis do que podería pasar:
-nacen cenoiras
-nacen tomates
-nace unha pranta carnívora
-nace unha flor....INFORMAREMOS DO QUE VAIA PASANDO.

Ademais puxemos fabas e lentellas en pratos cun papel de cociña húmedo e fabas e lentellas en vasos transparentes con algodón húmedo. Deste xeito poderemos ver cómo xerminan as sementes  que eles prantaron en terra.