Xa levamos un mes de curso e xa collimos a dinámica de traballo do curso pasado.
Sempre costa á volta de vacacións e sobre todo das vacacións de verán pero xa estamos de novo ben asentados e asentadas.
Temos nova aula no andar primeiro que iredes coñecendo a medida que iades vindo ás titorías.
A dinámica de traballo vai na mesma línea que estes cursos pasados, sempre avanzando un pouco máis a medida que cumplen anos.
Lembrar cómo se escriben os nomes dos compañeiros e compañeiras foi unhas das primeiras tarefas do curso. Fixémolo xogando ao encrucillado, repasando as letras que levan e aproveitando para xogar tamen coas nosas fotos e corpos imaxinarios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario