venres, 13 de outubro de 2023

PRÉSTAMO DE LIBROS

 Igual que o curso pasado, xa iniciamos o préstamo de libros a semana pasada. Seguimos escollendo o libro que queremos levar e o facemos de xeito autónomo, colocando a tarxeta co noso nome ao lado da portada do conto elexido. Pero este curso añadimos unha tarefa máis: para non repetir libro, apuntamos o noso nome no libro de rexistro e así aseguramos levar un conto distinto cada semana.



XOGANDO COAS NOSAS CARAS

Tomar conciencia das distintas partes da nosa cara fai que melloremos os nosos retratos e que se vexan  con máis detalles.


XOGANDO COAS CARAS

 

CUMPREANOS DE SAÍNZA

PARABÉNS SAÍNZA

XA TES 5!!!





COMENZAMOS NOVO CURSO

 Xa levamos un mes de curso e xa collimos a dinámica de traballo do curso pasado.

Sempre costa á volta de vacacións e sobre todo das vacacións de verán pero xa estamos de novo ben asentados e asentadas.

Temos nova aula no andar primeiro que iredes coñecendo a medida que iades vindo ás titorías.

A dinámica de traballo vai na mesma línea que estes cursos pasados, sempre avanzando un pouco máis a medida que cumplen anos.

Lembrar cómo se escriben os nomes dos compañeiros e compañeiras foi unhas das primeiras tarefas do curso. Fixémolo xogando ao encrucillado, repasando as letras que levan e aproveitando para xogar tamen coas nosas fotos e corpos imaxinarios.