O venres tivemos unha visita moi especial.
Todos e todas sabiamos o que tiñamos que facer cando soase unha sirena distinta do timbre que soa tódolos días no cole. Para non asustar ao alumnado disfracei a actividade , pero iso non evitou que algún e algunha sentiran algo de medo e buscaran o acougo nunha aperta.
Só se trataba do simulacro de incendios que soemos facer tódolos anos dentro do plan de emerxencias do centro e que os maís pequen@s aínda descoñecen.
Todo foi perfecto e saíu todo como era de esperar, dando o alumnado máis cativo todo un exemplo para todos e todas.
A sorpresa da espera foi ver chegar aos camións de bombeiros coas suas luces e sirenas e ver como desplegaban a súa escada ata o máis alto do noso cole.
Ningún comentario:
Publicar un comentario