Esta semana con motivo do Día Internacional da Muller, e moi relacionado co ano da pandemia, coñecimos a Isabel Zendal, unha galega que fixo historia en prol da Humanidade. A continuación podedes ver un vídeo no que se conta a apasionante historia de Isabel Zendal o os nenos da variola.
Como ben sabe a rapazada o buque no que zarparon Isabel Zendal e os 22 nenos era o buque que levaba por nome "María Pita". Indagamos quén foi esa muller e descubrimos esta nova historia doutra galega que foi parte tamén da nosa Historia
👏👏Alucinei cando Vitoria me contou a historia! Quedoulle ben claro en que consiste unha vacuna!!
ResponderEliminar