sábado, 13 de marzo de 2021

TEATRO DE TÍTERES

Esta semana tivemos a oportunidade de asistir en streaming á representación dunha bonita historia da man de "A Xanela do Maxín" que presentaba o conto "U- la Lúa". Esta era a historia dunha gatiña deseosa de coñecer mundo e vivir a súa propia vida.


Mentres tanto... seguimos esperando voltar a recuperar as saídas escolares que tanto aportan e tanto nos gustan.







EXPERIMENTANDO

 EXPERIMENTANDO CON ESCUMA DE FEITAR E AUGA CON COR





CUMPREANOS PABLO

 PARABÉNS PABLO

XA TES 6!!!!!!





PARABÉN CANDELA. PARABÉNS GAEL

 O 9 de Marzo celebramos dobre cumpreanos, xa que o mesmo día do mesmo ano naceron Gael e Candela.

PARABÉNS POLOS VOSOS 6!!!!!!








sábado, 6 de marzo de 2021

DIA INTERNACIONAL DA MULLER

Esta semana con motivo do Día Internacional da Muller, e moi relacionado co ano da pandemia, coñecimos a Isabel Zendal, unha galega que fixo historia en prol da Humanidade. A continuación podedes ver un vídeo no que se conta a apasionante historia de Isabel Zendal o os nenos da variola.


Como ben sabe a rapazada o buque no que zarparon Isabel Zendal e os 22 nenos era o buque que levaba por nome "María Pita". Indagamos quén foi esa muller e descubrimos esta nova historia doutra galega que foi parte tamén da nosa Historia
 



TEATRO DE SOMBRAS

 Esta semana a profe Isabel fíxonnos unha preciosa representación en teatro de sombras do conto " Frederick" de Leo Lionni.

ENCANTOUNOS!!!!

ROSALÍA DE CASTRO ( 24 DE FEBREIRO)