martes, 22 de decembro de 2020

sábado, 12 de decembro de 2020

ASCO

 


Onte falamos das cousas que nos dan asco e das que nos producen pracer. Analizamos e comprobamos como tanto o asco como o pracer o podemos sentir a través dos sentidos: Co olfato (a caca, as flores), co oído (o ruído dun pedo, a música), o tacto (as algas, un aloumiño), co gusto (sabores desagradables e agradables) e útimamente todos e todas coincidimos que estamos a descubrir coa vista algo moi desagradables que atopamos tirado: Máscaras por calqueira sitio polo que pasamos (rúa, parque, campo, praia...) O outro día Beñat tamén nos trouxo unha bolsa chea de basura que atopou coa súa familia nos seus paseos á praia. E todas esas imaxes o certo é que nos dan mooooooooooito asco.





UN CONTO DE NADAL

 O xoves falamos do aburrimento e da importancia que tiña para deixar voar a nosa creatividade. Buscamos imaxes ocultas na pintura da porta do armario, figuras nas copas das árbores do patio e ata creamos un conto de nadal entre tod@s ao que finalmente lle puxemos imaxes.

“OS AGASALLOS ROUBADOS DO NADAL”

 ESTA HISTORIA EMPEZA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA NUN LUGAR CUNHAS POUCAS ÁRBORES EN INVERNO.  NESTA ÉPOCA ESTÁ A HERBA MOI VERDOSA. 

DE REPENTE APARECE PAPÁ NOEL NO CEO MONTADO NUN UNICORNIO VOADOR DE MOITAS CORES  E CUN SACO CHEO DE  AGASALLOS COLGADO DO SEU CORNO. 

REUNENSE PAPÁ NOEL COS REIS MAGOS PORQUE A BRUXA DO NADAL ROUBOU TODOS OS AGASALLOS E METEUNOS NA SÚA CASA  EMBRUXADA. 

COMO ESTABA NEVANDO SEGUIRON AS PEGADAS DA BRUXA E AS PISTAS QUE ATOPARON:

            1.-  LAZOS E PAPEIS  DOS AGASALLOS 

2.- UN ZAPATO ROIDO DE BRUXA 

3.-UN GORRO DE BRUXA 

4.-UN FRASCO CON PEDOS  DE BRUXA. 

CANDO ABRIRON A POCIÓN DE PEDOS….   PORRRRRRRRRRRROOOOOOOOOO!!!!!!!  UN RUÍDO E UN CHEIRO TAN GRANDE QUE A BRUXA DESAPARECEU DE REPENTE  E OS REIS MAGOS E PAPÁ NOEL PODERON REPARTIR OS AGASALLOS POR TODA A CIDADE CONTENTOS E FELICES

 E COLORÍN COLORADO….O NADAL XA ESTÁ

 CHEGANDOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO



OS NOSOS MEDOS

 O mércores falamos dos nosos medos e de tódalas cousas que podiamos facer para superalos. Na clase os metimos dentro de FANTASMIN e logo pechámoslle ben a boca para que non poideran sair.

martes, 8 de decembro de 2020

3 DE DECEMBRO: "DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE"

 Hoxe no Calendario das emocións tócalle o turno á EMPATÍA (capacidade para poñerse no lugar d@s outr@s)

E aproveitando que coincide co DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE fixemos unha actividade para poñernos no lugar das persoas cegas e ver:

-As dificultades que atopan na vida diaria (obstáculos, ruídos..),

-A necesidade de  agudizar o resto dos sentidos 

-A importancia d@s guías xa sexan persoas ou animais


mércores, 2 de decembro de 2020

2 DECEMBRO: "TÍ PODES"

 "TÍ PODES" Confianza – Inseguridade

Hoxe o Calendario das emocións invitounos a facer unha actividade para aprender a apreciar o que facemos e fomentar a confianza en nós mesm@s.

A traves desta actividade podemos darnos conta do ben que facemos as cousas que xa aprendimos e practicamos, e como somos capaces de intentar outras que nunca fixeramos.

martes, 1 de decembro de 2020

UNHA CARTA MOI ESPECIAL

 



CALENDARIO DAS EMOCIÓNS DE DECEMBRO


 1 de decembro: "O Bote das bágoas" 

Hoxe o noso calendario invítanos a encher un bote con todas esas bágoas de tristeza pero tamén de alegría que tantas veces necesitamos botar fora. Nun pano debuxamos esas bágoas e gardámolas con cariño dentro dun bote de cristal como se fosen un tesouro

Falamos das cousas que nos fan felices e daquelas que nos fan taaaaaaan felices que nos fan chorar: as cóxegas de mamá, aquel agasallo especial, o nacemento dun bebé...

E tamén das cousas que nos poñen tristes e que coas bágoas consiguen calmarnos: a morte dun ser querido, cando non nos deixan ver os debuxos preferidos, a tristeza do arrepentimento por botar fora a papá da habitación...