PEPE XA TEN 5!!!
domingo, 25 de outubro de 2020
luns, 12 de outubro de 2020
RECUNCHOS
Este curso, e seguindo o protocolo establecido pola Xunta, o momento de recunchos facémolo de forma individual sen poder compartir o mesmo material no mesmo día. Así cada día un dos grupos de convivencia serán os que accedan aos distintos recunchos mentras o resto debe permanecer nas mesas con material individual escollido libremente (puzzles, material de construcción, de lóxica matemática, de lectoescritura, de xogo simbólico...)
A limpeza de mans antes e despois dunha actividade e unha rutina que xa teñen interiorizada este curso.
sábado, 3 de outubro de 2020
TOMANDO NOTA
Todos e todas descubrimos con esta pandemia que había cousas que cambiar e que moitos deses cambios chegaban para quedarse.
Nas escolas non ía ser distinto. Como mestra estou a descubrir que é posible facer entradas e saídas escalonadas e relaxadas sen necesidade de formar filas e que as mestras poidamos recibir a nenos e nenas cun sáudo e sorriso individual, diferente para cada un deles.
Tamén os espazos de recreo e lecer están sendo mellor aproveitados ao non ter que ser compartidos cun excesivo número de alumnado onde non compartimos xoguetes pero aprendemos outro tipo de xogos e interaccións.
Haberá que tomar nota.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)