venres, 26 de xuño de 2020

CUMPREANOS DE VERÁN

Este ano tampouco puidemos celebrar os cumpreanos de verán. Pero dende aquí queremos mandarlle unha aperta enorme, unha chea de aplausos e bicos a 
CARME, MARTINA E NORA para que pasen uns FELICES CUMPREANOS.
Lembrade cambiar as velas...
PRONTO TEREDES 5!!!!!!!!

 29 DE XUÑO

 22 DE XULLO

27 DE AGOSTO

CUMPREANOS ÁLVARO

  "Este ano foi un cumple un pouco diferente  pero él pasouno xenial na aldea cos primos"
Noraboa Álvaro polos teus 5 anos e por poder celebrar o teu cumple nese precioso lugar e coa familia.
NORABOA XA TES 5!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!




venres, 19 de xuño de 2020

GANAS DE VERVOS

Todo o que empeza remata. I este curso tan atípico non podía ser doutro xeito. Pechamos unha nova etapa e non o podiamos facer sen vernos, sen compartir un ratiño todos e todas xunt@s. 
ESTA TARDE HABERÁ SOBRE TODO....SENTIMENTOS A FLOR DE PEL.






xoves, 18 de xuño de 2020

CONCURSO LOGO LSE

Aquí tedes o logo gañador do Concurso do Logo para a Canle de youtube de LSE da Escola.

NORABOA IKER!!!!

QUEN É QUEN?


Queres saber como eran as profes de pequenas?
Pois a ver si nos  atopas!!!!
clica na imaxe e xoga con nós

domingo, 14 de xuño de 2020

DÍA NACIONAL DA LSE


Aquí tedes un vídeo que fixeron os nenos e nenas de 2º B co seu titor Lois e Irene, a mediadora do Centro, para conmemorar o "Día Nacional da Lingua de Signos Española" que se celebra hoxe domingo 14 de xuño de 2020
Seguro que Noa e Martín coñecen a alguén!!! 
NORABOA!!!!!

CARME

OLA MARÍA,
Hai uns días fun de excursión.
Collín paus e pedras, fun a un rio moi chulo onde tirei pedras e vin como se facían ondas na auga ao tiralas. E, ¿sabes que? de camiño ao rio vin unha tobeira onde vive un raposo e tamén pegadas de xabaríns. E collín caracois e flores... Este ramo de rosas, loureiro e fiúncho é para ti, María e máis para os meus compañeiros.
BICOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOS💚💜💗



VITORIA & ÁNXELA

Por fin puidemos ir ver os avos e as primas!! 
O reencontro foi moi emocionante! Pasamolo en grande! E ata lle dimos de comer as galiñas e recollimos os ovos que puxeron!! 😄
Que ben! Por fin puidemos ver tamen os outros  avos!!! Dar un largo paseo a beirarrua do mar e xogar con mais primas!!! 
Ademáis, esta semana naceron os poliños do nido que uns paxariños fixeron no garaxe de casa!!! e son tres!!!! 😍--



xoves, 11 de xuño de 2020

MARTIÑO

Hola, María, nestes días estamos a disfrutar un montón!
Coa calor decidimos baixar ao parque de diante de casa cun capacho, regadeiras e o pasamos xenial. Paseamos pola veira do Sarela, puiden xuntarme coa miña curmá Alma e vimos as vacas Cachenas(a da foto, era a miña amiga, deixábase acariñar moito😍)
 O meu amigo Max cumpriu ✋🏼 e fixo unha Festa Pirata no parque Eugenio Granell e estivemos a atopar un grande tesouro agochado polo Capitán Barbachunga.
Polo camiño ao Castelo da Rocha, tropezamos cunha cría de serpe que miña nai chama "escancer"... parecía de ouro!
E nesta fase 3, despois de 3 meses, puiden apertar moito moito aos meus avós...canto os extrañaba!


E tamén piruetas en Galeras
Ah! E ao lado da casa, cando chove, se forman 4 charcos que dende ven cativo vou saltar...e nestes días de peche, cando me deixaron sair...púxenme ata arriba😂



domingo, 7 de xuño de 2020

CONCURSO LSE


Clica na imaxe para consultar as BASES DO CONCURSO


ACHEGARNOS Á NATUREZA



ROQUE

"Ola María. Estamos a disfrutar moito dos días de xuño, xa sin tanto calor.....fomos ver os berberechos  e ameixas que collía a avoa Orentina antes de xubilarse, aprendemos a contar os anos que ten unha árbore contando os anéis do seu tronco, collemos moitos paus, vimos moitos bichos  e descubrín as ORTIGAS....como pican! Menos mal que mamá me ensinou  que onde medran as ortigas, medran tamén outras plantas que calma as irritación das ortigas.....
Un bico"