sábado, 25 de abril de 2020

SAÍMOS Á RÚA CO OSO GOLOSO

Como seguro que xa vos contaron, a partir de mañá, podedes saír a rúa a xogar un pouquiño. Seguro que moitos e moitas estades desexandoo pero a outr@s ao mellor non vos apetece tanto. Quizais tedes medo ao coronavirus, quizais tedes medo que a policía vos poña unha multa, ou simplemente nos vos apetece. É importante que antes de saír faledes en casa tranquilamente de ese momento e das preocupacións que poida haber.
 No aula virtual do cole vouvos deixar este conto do oso goloso que despois de estar hibernando todo o inverno, vaivos contar cómo saír á rúa outra vez.
Clica na imaxe e accederedes directamente, logo entrades en "CONTOS IMPRIMIBLES".


Ningún comentario:

Publicar un comentario