xoves, 30 de abril de 2020

TESOURIÑOS DE BEÑAT

Unha chea de tesouriños, recollidos na praia, garda Beñat con moito agarimo.
Fixo bonitos cadros cos cristaliños pulidos polo mar (que cambian de cor cando os miras ao trasluz) e tamén cadros coas crebas recollidas e...
 sabedes que nome lle puxo? CrebArte.
XENIAL BEÑAT!!!!!!!


BUSCANDO EN GOOGLE EARTH

Clica na imaxe e accederás directamente á aplicación GOOGLE EARTH onde, de forma interactiva, podes visitar tódolos países do mundo. Podes incluso achegarte ata ver o noso cole, a túa casa, a túa praia favorita....
Non te esquezas e busca tamén África para ver si está lonxe ou perto de onde nós vivimos e dime qué medios de transporte podemos usar para ila visitar.

Unha vez que entres na páxina:
Utiliza os comandos + - (abaixo e a dereita) para aumentar e disminuir a imaxe.
Para mover o globo só terás que colocarte enriba, clicar co rato e mover a terra para onde queiras.
Na lupa (arriba e a dereita) podes escribir o lugar ao que queiras "viaxar"
ÁNIMO E.... A RECORRER O MUNDO ESTA FIN DE SEMANA!!!!

mércores, 29 de abril de 2020

DECORACIÓN CON PAUS

SEGURO QUE ENTRE OS TEUS TESOUROS TES ALGÚN PAU.
SE NON O TES PÓDELO RECOLLER NA PRÓXIMA SAÍDA.
SE QUERES, PÓDENSE DECORAR.

AQUÍ DEIXO ALGÚNS EXEMPLOS
MÓVILES         BONEC@S

CON FÍOS               PINTADOS

ANIMAIS DA SABANA EN LSE


ATOPA NA SEGUINTE IMAXE OS ANIMAIS QUE VAI DICINDO TAREIXA.
(se a queres imprimir clica na imaxe para ir ao enlace)

QUÉ ANIMAIS SAEN NO VÍDEO E NON ESTÁN NO DEBUXO
QUÉ ANIMAIS ESTÁN NO DEBUXO E NON SAEN NO VÍDEO

SIMON FAI COCHES RECICLADOS

Tedes playmóbil na casa? Gústavos xogar con eles?
Pois mirade qué coches máis chulos fixo Simón para os seus bonecos.

A MÁSCARA DE CANDELA

CANDELA XA ESTÁ LISTA PARA A DANZA DA MARIOLA AFRICANA
CHULADA DE MÁSCARA CANDELA!!!


RETO DA CANCIÓN DE ROQUE


MARTIÑO CANTA O "KOKOLEOKO"

Lembrades a canción de Kokoleoko? Pois esta semana de África vennos de maravilla lembrala de novo.
Martiño e a súa mamá fanno de maravilla.


O HERBARIO DE VITORIA E ÁNXELA

VITORIA ÁNXELA amósannos os seus primeiros tesouros recollidos nas saídas. E con eles fixeron uns bonitos Herbarios.
MOI BOA IDEA!!!





martes, 28 de abril de 2020

LAND ART

A partir de elementos da natureza podedes facer auténticas obras de arte. 
Na casa, cos tesouros recollidos nas vosas saídas ,ou no mesmo lugar onde ides pasear, cos elementos que alí atopedes.


MARIOLA AFRICANA

A profe Ana (Educación Física) e a profe Lucía preséntanos o Reto da Semana:
Pídenos que practiquemos a facer a Mariola Africana como no seguinte vídeo e que a enviemos gravada para poder facer unha montaxe onde incluir a todos e todas @s que queiran participar!!!. 
Podedes poñer, si queredes, as vosas máscaras, ou colares, ou brazaletes para facelo disfrazad@s.
A dirección é: maildeluciapeixoto@gmail.com
No vídeo debedes indicar o nome e curso do neno ou nena.
Ánimo e a divertirse!!!


SIMÓN.PRIMEIRAS SAÍDAS

"Ayer salí con mi  mamá por un sitio súper bonito, y sabes a quien me encontré?....a Rosalía en un banquete!!! Un beso!!" 😘😘😘😘😘😘😘






LÍA. PRIMEIRAS SAÍDAS

"Estoy supercontenta porque puedo salir a pasear con papá. Y hoy me llevo al cole, porque lo echo muchiiiiisimo de menos!! Un beso" 😘😘🥰😍🦄🐈🐱🐒🐸🐊🦚🦜🦉🐤🦡🐻🐨



luns, 27 de abril de 2020

ADORNOS AFRICANOS

A partir da proposta de psicomotricidade da viaxe a África, podemos facer distintos complementos africanos e practicar os trazos na súa elaboración.



Tamén podemos facer máscaras usando distintas formas xeométricas 
Lembrade que nos vosos paseos podedes recoller elementos que vos sirvan para decorar: follas, pedriñas, plumas, conchas...

SESIÓN PSICOMOTRICIDADE. VIAXE A ÁFRICA

Proposta da profe Lucía:
Esta semana viaxaremos a África, onde nos esperan grandes aventuras... debedes demostrar ser moi valientes e amantes da natureza para conseguir o obxectivo: coñecer á xente do lugar e facer novos amigos!

CAIXA DE TESOUROS DA NATUREZA

Nestas pequenas saídas que estades a facer, é moi probable, algúns xa o fixeron, que os nenos e nenas queiran recoller algún "tesouro" que atopen e levalo para casa.
Para iso, podemos propoñer un lugar onde gardar o que van atopando: unha caixa, un bote transparente, un álbum de fotos (podemos facer fotos dos tesouros), unha carpeta clasificadora...
É importante tamén establecer de antemán o tamaño das cousas que poidamos traer (cada familia deberá establecelo) e as cousas que podemos e non podemos coller.
No seguinte enlace tedes un interesante artigo que fala máis ampliamente dos beneficios destas coleccións e de cómo podemos coleccionar e clasificar.
ESTOU DESEXANDO VER OS VOSOS TESOUROS!!!
Clica na imaxe

PEPE. PRIMEIRAS SAÍDAS

 "Fumos a pasear polo barrio, da gusto estar ó aire libre. Saímos a unha hora prudente e lonxe de todos, así que polo momento imos sen mascarillas".