Hai uns días a familia de Ramón, da clase de 4 anos B, decidiu doar á súa clase dous escornabots construidos por eles e prestarnos, por uns días, outros dous. Deste xeito, despois de que a profe Isa, nos deixara por uns días os robots, tivemos na nosa aula a estes catro simpáticos visitantes que "conectaron" enseguida coa rapazada.
Como podedes ver no vídeo, ao principio parece que costa un pouco dar as órdenes de movemento ,pero enseguida fano cada vez máis rápido e sen dubidar. O seguinte paso será dar varias órdenes seguidas e ir complicando o xogo segundo a evolución do alumnado.
Conteo, orientación espacial, lectoescritura, respeto polo turno, traballo en equipo son algunhas das contidos traballados coa actividade tendo ao xogo como nexo motivador.
Así que estes eran os robots!!! Que chulada! Así é moi divertido aprender! Grazas a esa familia pola donación! A Beñat encántanlle os robots!
ResponderEliminarEses son os robots...o certo é que lle encantan a tod@s. Grazas polo comentario
Eliminar