domingo, 16 de febreiro de 2020

VISITA DE MARTA JAQUET E BRUCE

Este Luns tivemos unha visita moi especial na biblioteca do cole. Marta Jaquet, psicóloga e técnica en Terapia Asistida con cans, achegouse ata nós con Bruce, un can de terapia ao que lle encanta traballar con nenos e nenas. 
Marta contounos cómo é Bruce e o traballo que fai día a día con nenos e nenas que teñen algún tipo de dificultade. Encantounos achegarnos a él, aínda que era enorme e xoguetón e xogar a que tocara unha campá  e darlle un paseo pola biblioteca.
Foi moi interesante coñecer de primeira man o traballo que fan algúns cans con persoas que o necesitan e moi agradable xogar e agarimar a Bruce.

ESCORNABOTS

Hai uns días a familia de Ramón, da clase de 4 anos B, decidiu doar á súa clase dous escornabots construidos por eles e prestarnos, por uns días, outros dous. Deste xeito, despois de que a profe Isa, nos deixara por uns días os robots, tivemos na nosa aula a estes catro simpáticos visitantes que "conectaron" enseguida coa rapazada.
Como podedes ver no vídeo, ao principio parece que costa un pouco dar as órdenes de movemento ,pero enseguida fano cada vez máis rápido e sen dubidar. O seguinte paso será dar varias órdenes seguidas e ir complicando o xogo segundo a evolución do alumnado.
Conteo, orientación espacial, lectoescritura, respeto polo turno, traballo en equipo son algunhas das contidos traballados coa actividade tendo ao xogo como nexo motivador.