luns, 7 de outubro de 2019

DEBUXANDO POLBOS

A semana pasada faláronnos dun concurso de debuxo que organizaba unha tenda de artesanía local de Santiago. O debuxo que tiñan que facer era un polbo, como a nosa mascota da escola Lolo. Nós sabemos que a nosa mascota é de trapo pero tamén sabemos que os polbos existen nas nosas rías de Galicia. Era interesante antes de poñernos a debuxar coñecer a este curioso animal mariño: Cántos tentáculos ten, como se dispoñen en pares as ventosas (como cando saímos en parellas ao patio), de que cores poden ser, onde ten y cómo é a súa boca... Tamén descubrimos cousiñas interesantes como a forma que teñen para defenderse dos seus enemigos.

Aproveitamos esta actividade para facer fincapé no coidado de praias e mares para que animais como o polbo podan vivir sen quedar atrapados e sen comer os plásticos que moita xente deixa tirados nas nosas praias.

Por último quería agradecer a "Como pez en el agua" pola súa xenerosidade á hora de agasallar a todo o alumnado participante cun colgante de peixe feito nesta "modesta" tenda de artesanía local. Ata o día 15 deste mes de outubro poderedes ver tódolos debuxos que estarán expostos na tenda.










Ningún comentario:

Publicar un comentario