sábado, 19 de outubro de 2019

"LOS MÚSICOS DE BREMEN". GALICREQUES 2019

Fantástica adaptación dun conto clásico, grazas á "Teatro de Marionetas la Estrella" de Valencia. A continuación tedes un pequeno resumo desta actuación cunha excelente posta en escea.

mércores, 9 de outubro de 2019

OVO DE MANTA RAIA DE BEÑAT

Este luns Beñat trouxo á escola algo moi curioso que atopou coa súa mamá na praia de Paxariñas. Beñat xa nos contou o que era pero necesitamos ver un vídeo dunha manta raia para coñecer de onde saían estes ovos. Tamén descubrimos que as crías de manta raia saen de ovos (como o que trouxo Beñat) que son diferentes dos ovos de galiña e que ademáis este ovos eclosionan dentro do ventre da mamá e que logo saen as crías, por iso estes animais pertencen ao grupo dos ovovivíparos.

Coñecendo de cerca a os animais mariños, dámonos conta da importancia do coidado dos mares e das praias e da labor tan grande que estamos facendo co reciclado de lixo, xa que sabemos que os nosos plásticos nunca atraparán peixes nin acabaran nos seus estómagos.









luns, 7 de outubro de 2019

DEBUXANDO POLBOS

A semana pasada faláronnos dun concurso de debuxo que organizaba unha tenda de artesanía local de Santiago. O debuxo que tiñan que facer era un polbo, como a nosa mascota da escola Lolo. Nós sabemos que a nosa mascota é de trapo pero tamén sabemos que os polbos existen nas nosas rías de Galicia. Era interesante antes de poñernos a debuxar coñecer a este curioso animal mariño: Cántos tentáculos ten, como se dispoñen en pares as ventosas (como cando saímos en parellas ao patio), de que cores poden ser, onde ten y cómo é a súa boca... Tamén descubrimos cousiñas interesantes como a forma que teñen para defenderse dos seus enemigos.

Aproveitamos esta actividade para facer fincapé no coidado de praias e mares para que animais como o polbo podan vivir sen quedar atrapados e sen comer os plásticos que moita xente deixa tirados nas nosas praias.

Por último quería agradecer a "Como pez en el agua" pola súa xenerosidade á hora de agasallar a todo o alumnado participante cun colgante de peixe feito nesta "modesta" tenda de artesanía local. Ata o día 15 deste mes de outubro poderedes ver tódolos debuxos que estarán expostos na tenda.