É moi gratificante ver como o alumnado comparte na casa as experiencias da escola e na casa se recibe coma unha manera de ampliar eses coñecementos e experiencias.
Así é como recibimos correos nos que os nenos e nenas aparecen nos lugares que está a visitar LOLO, algún incluso parece que o atopou nalgún lugar.
Invítovos a todos e todas a mandar, se vos apetece, fotos* por mail e impresas nas que os nen@s aparezan nos lugares nos que estivo LOLO para facer unha actividade no terceiro trimestre.
A CORUÑA (Torre de Hércules)
LUGO (Muralla de Lugo)
PADRÓN (Ponte romana, Casa de Rosalía de Castro)
VERÍN (Cigarróns, Antroido)
OURENSE (Termas de auga quente, piscinas)
RIBADEO (Praia das Catedrais)
PONTEVEDRA (río Lérez e a Peregrina)
*Fotos non máis grande de medio folio
Ningún comentario:
Publicar un comentario