luns, 10 de decembro de 2018

FROITA NA ESCOLA

Neste curso 2018/2019 volvemos a participar no   Plan de Consumo de Froitas na Escola, que subvencionado con fondos europeos, pretende incidir nos bos hábitos alimentarios de consumo de froitas e verduras dende as pequenas idades dos nosos alumnos/as.

 

Ademais de incidir nos bos hábitos alimentarios do noso alumnado, tamén aproveitamos este programa de froita na escola para traballar outros aspectos do curriculum como poden ser:
Observación da froita: tamaño, forma, cor, si ten pepitas ou non...,
Traballo sensorial: ulir, tocar, saborear...
Traballo da autonomía persoal á hora de pelar, quitar pepitas,ou lavar segundo o caso.
Elaboración de hipótesis: ao manipular a froita como no caso das uvas para facer zume
.....e moitas aprendizaxes máis.

Ningún comentario:

Publicar un comentario