domingo, 23 de decembro de 2018
xoves, 20 de decembro de 2018
"BUSCANDO UNHA ESTRELA"
Hoxe tocaba interpretar as panxoliñas que os nenos e nenas de infantil estivemos preparando durante semanas en lingua de signos. En 3 anos preparamos "Buscando unha estrela" distribuindo as tres aulas nos 3 grupos de animais que aparecen: pitiños, gatiños e peixiños(a nosa aula). Por motivos de seguridade só grabei o grupo de 3 anos que sei teñen todas as autorizacións para o blog. Pero aínda que non se vexa fixeronno tod@s XENIAL!!!!!!
xoves, 13 de decembro de 2018
luns, 10 de decembro de 2018
CARIÑAS DE OUTONO
Grazas aos desdobles de aula que facemos os mércores á primeira hora (cada semana a metade da aula vai á biblioteca do cole coa profe Mari) podemos facer actividades coma a que ides ver no vídeo.
Outras veces aproveitamos para pintar con témpera ou outras actividades que resultan moi complicadas de facer con todo o alumnado dentro do aula.
Outras veces aproveitamos para pintar con témpera ou outras actividades que resultan moi complicadas de facer con todo o alumnado dentro do aula.
FROITA NA ESCOLA
Neste curso 2018/2019 volvemos a participar no Plan de Consumo de Froitas na Escola, que subvencionado con fondos europeos, pretende incidir nos bos hábitos alimentarios de consumo de froitas e verduras dende as pequenas idades dos nosos alumnos/as.
Ademais de incidir nos bos hábitos alimentarios do noso alumnado, tamén aproveitamos este programa de froita na escola para traballar outros aspectos do curriculum como poden ser:
Observación da froita: tamaño, forma, cor, si ten pepitas ou non...,
Traballo sensorial: ulir, tocar, saborear...
Traballo da autonomía persoal á hora de pelar, quitar pepitas,ou lavar segundo o caso.
Elaboración de hipótesis: ao manipular a froita como no caso das uvas para facer zume
Traballo sensorial: ulir, tocar, saborear...
Traballo da autonomía persoal á hora de pelar, quitar pepitas,ou lavar segundo o caso.
Elaboración de hipótesis: ao manipular a froita como no caso das uvas para facer zume
.....e moitas aprendizaxes máis.
domingo, 9 de decembro de 2018
SENTIMOS O OUTONO
A continuación podedes ver o ben que o pasaron os nenos e nenas no espazo de psicomotricidade que con tanto cariño e profesionalidade preparou a profe Lucía para traballar as habilidades motrices básicas sentindo o ambiente do outono.
NORABOA E GRAZAS LUCÍA!!!!!
Grazas familias pola vosa colaboración.
E grazas tamén a Antonio, o coidador do colexio que, de maneira desinterasada, colabora coa decoración e atención do alumnado.
Esta é a noticia que lle adicou "La voz de Galicia" a esta interesante proposta educativa.
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2018/12/06/profesora-colegio-publico-quiroga-palaciostraballamos-as-habilidades-motrices-basicas-sentindo-ambiente-outonoespecialista-experiencia/0003_201812S6C8993.htm
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)