domingo, 10 de xuño de 2018

JOSÉ ANTONIO FÁLANOS SOBRE APICULTURA

A mamá e o papá de Olalla coñecen a José Antonio, un apicultor que coida abellas autóctonas que fan un mel ecolóxica riquísima "Ecomel". Falaron con el por si lle apetecía vir a escola a falarnos do seu traballo e da importancia do cuidado das abellas.
Encántanos a xente que fala do seu traballo con tanto entusiasmo porque é capaz de transmitir esa pasión a todo o que os escoita.
Aprendimos unha chea de cousas e achegámonos con tódolos sentidos a este mundo da apicultura un pouquiño máis, saboreando outros tipos de mel e mesmo tocando abázcaros, que agora sabemos que non pican.

GRAZAS A JOSÉ ANTONIO, A ALBA E BEA POR CONTAR TAN BONITO O TRABALLO QUE FAN.






Ningún comentario:

Publicar un comentario