Agradecer a María, a mamá de Marcos, este precioso vídeo montado do día da graduación. Creo que reflexa perfectamente o moito que disfrutaron os nenos e nenas Co seu permiso, colgo no blog para que o podamos disfrutar todos e todas.
Xa está aquí por fin a nosa adaptación do conto "As manoplas de carapuchiña" da editorial OQO.
Non poido ser e non gañamos o concurso pero quedámonos cun bonito resultado dun traballo do que aprendimos e disfrutamos todos e cada un dos nenos e nenas da clase. Un traballo multidisciplinar no que o traballo en equipo foi fundamental e no que destacamos a capacidade dos máis pequen@s para facer cousas tan dignas como esta curta.
ORGULLOSA DO MEU ALUMNADO. NORABOA ARTISTAS!!!!!!!
Clica na seguinte imaxe para ver tódalas curtas presentadas a concurso na páxina infantil da CRTVG
Manoli e Pilar, as profes de sexto, invitaron aos nenos e nenas de 5 anos a asistir á visita que os bombeir@s fixeron ao cole grazas a un dos pais dun alumno de sexto. Grazas a eles todos poidemos ver como apagan os lumes coas mangueiras e subir ao camión e agarrarnos ao volante coma se foxemos conductores e conductoras e foxemos apagar lumes por Galicia adiante.
GRAZAS ÁS PROFES E GRAZAS AOS BOMBEIROS POR COMPARTIR ESTA EXPERIENCIA CON NÓS.
A mamá e o papá de Olalla coñecen a José Antonio, un apicultor que coida abellas autóctonas que fan un mel ecolóxica riquísima "Ecomel". Falaron con el por si lle apetecía vir a escola a falarnos do seu traballo e da importancia do cuidado das abellas.
Encántanos a xente que fala do seu traballo con tanto entusiasmo porque é capaz de transmitir esa pasión a todo o que os escoita.
Aprendimos unha chea de cousas e achegámonos con tódolos sentidos a este mundo da apicultura un pouquiño máis, saboreando outros tipos de mel e mesmo tocando abázcaros, que agora sabemos que non pican.
GRAZAS A JOSÉ ANTONIO, A ALBA E BEA POR CONTAR TAN BONITO O TRABALLO QUE FAN.
A profe Belinda estivo en todo momento moi implicada co noso proxecto das abellas.
O seu papá tivo colmeas e coidaba abellas e quixo traernos algunhas das ferramentas que usaba para a nosa exposición de aula.
Aínda que o seu papá non poido vir falar á escola, sí viñeron uns amigos que traballan en protección civil en Val do Dubra e que, entre outras cousas, buscan niños de velutina, unha amenaza para as nosas abellas.
Moitas grazas a Belinda por esta bonita sorpresa e grazas a Uxío e Óscar por achegar o seu traballo á escola con tanto entusiasmo.