A semana pasada asistimos á presentación do disco/libro "Gatuxo" de Magín Blanco no Teatro Principal.
O mero feito de visitar o teatro principal xa é toda unha experiencia, pero si ademáis podemos ver un espectáculo de gran nivel, como así foi, xa a saída está máis que xustificada.
Á saída, e despois de semanas sen ver o sol, decidimos facer a volta andando en vez de en autobús. Comezamos o paseo na alameda, visitando a estatua das tres Marías, o paseo dos leóns, saudamos a Valle Inclán no seu banco,contemplamos as vistas da catedral,achegámonos á estatua de Rosalía de Castro e sobre todo... desfrutamos do bo tempo e da experiencia de facer cousas distintas cos nosos compañeir@s e mestras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario