martes, 24 de abril de 2018

PRESENTACIÓN DE "GATUXO" E CAMIÑATA DE VOLTA AO COLE

   A semana pasada asistimos á presentación do disco/libro "Gatuxo" de Magín Blanco no Teatro Principal. O mero feito de visitar o teatro principal xa é toda unha experiencia, pero si ademáis podemos ver un espectáculo de gran nivel, como así foi, xa a saída está máis que xustificada.

    Á saída, e despois de semanas sen ver o sol, decidimos facer a volta andando en vez de en autobús. Comezamos o paseo na alameda, visitando a estatua das tres Marías, o paseo dos leóns, saudamos a Valle Inclán no seu banco,contemplamos as vistas da catedral,achegámonos á estatua de Rosalía de Castro e sobre todo... desfrutamos do bo tempo e da experiencia de facer cousas distintas cos nosos compañeir@s e mestras.


 

luns, 2 de abril de 2018

PLAN PROXECTA. "AS MANOPLAS DE CARAPUCHIÑA"

Como final de trimestre presentamos a 1ª escea da nosa curta "As manoploas de carapuchiña". Como podedes ver son só 6 segundos de curta pero con moito traballo detrás. Ademáis de todo o traballo de creación de persoaxes e escenarios a parte máis complicada é a de dar vida a eses persoaxes a través da fotografía. Ao redor de 70 fotografías se tiveron que facer para estes 6 segundos que grazas a un programa informático permiten, coma se fora "maxia", recrear unha curta de animación.
Pero este é só o comezo. No último trismetre esperamos ter rematada o noso proxecto e a nosa curta.











domingo, 1 de abril de 2018

O XOGO DO MONIGOTE

Adaptación do clásico xogo do aforcado  co que podedes xogar na casa:
1.- decirlles o número de letras da palabra que terán que apuntar no espazo correspondente e tachar as casillas que sobran ( si sobran)
2.- comenzar a decir letras e escribilas no lugar correspondente (diremos en que número de casilla está)
3.- unha vez descuberta a palabra contar con palmas o número de sílabas.

IMPORTANTE: facerlles pensar, que vaian lendo a medida que aparecen letras, que anticipen posibles solucións sen medo a equivocarse e sobre todo... que disfruten mentras aprenden.