martes, 28 de marzo de 2017

VISITA AO MUSEO DE HISTORIA NATURAL

Con motivo da celebración do día da árbore tivemos a sorte de poder visitar o Museo de Historia Natural onde paseamos polo seu xardín vendo algunhas das árbores que alí se atopan: loureiro, castiñeiro...observando algunha das súas características e aprendendo a medir a altura, ancho do tronco e a copa da árbore. Tamén, xa dentro do Museo, vimos as diferencias entre os distintos troncos das árbores e contamos os aneis de cada un deles para saber cantos anos tiñan.
Esperamos volver algunha vez a este Museo para poder observar tamén as especies animais que alí se atopan e que, desta vez, só poidemos ver de paso.


Ningún comentario:

Publicar un comentario