Con motivo da celebración do día da árbore tivemos a sorte de poder visitar o Museo de Historia Natural onde paseamos polo seu xardín vendo algunhas das árbores que alí se atopan: loureiro, castiñeiro...observando algunha das súas características e aprendendo a medir a altura, ancho do tronco e a copa da árbore. Tamén, xa dentro do Museo, vimos as diferencias entre os distintos troncos das árbores e contamos os aneis de cada un deles para saber cantos anos tiñan.
Esperamos volver algunha vez a este Museo para poder observar tamén as especies animais que alí se atopan e que, desta vez, só poidemos ver de paso.
Agora que estamos a estudar a lúa e as súas fases, no lateral dereito do blog aparacerá a partir de agora o calendario lunar correspondente, neste caso ao mes de Marzo. Así poderemos observar cada día como se atopa a lúa.
O venres 17 tivemos a sorte de poder asistir a unha clase de Educación Vial no noso cole. Dous Policías Locais e un traballador do Concello contáronnos algunhas cousas moi interesantes referidas á Educación Vial como: qué tipo de silla temos que levar no coche, por onde temos qué cruzar e cómo, cándo non se pode conducir, a importancia do uso do cinturón....
Despois no patio puxemos en práctica algo do aprendido. Foi moi divertido poder montar nas motos que traían e cruzar polo paso de peóns cando o indicaba o semáforo.
Cando se xuntan a boa música e as emocións ata os máis pequen@s poden ver a maxia que hai detrás.
Levamos semanas escoitando no cole algunhas das canción de Rozalem que máis nos gustan.
A continuación, ademáis do video que gravei este sábado na actuación en directo na que ata Antón foi protagonista, vos deixo outros para que poidades escoitar en familia.