xoves, 17 de marzo de 2016

IMPLEMENTACIÓN TICs. Códigos QR.

O uso de códigos QR forma parte da nosa vida cotiá e tamén como non, poden chegar a ter unha gran utilidade educativa.

Un código QR é un sistema para almacenar información nunha matriz de puntos, se caracterizan polos tres cadrados que se colocan nas esquinas e que permiten detectar a posición do código ó lector.

Na nosa aula de 3 anos aprendemos a xerar un código QR para poñer no dossier do proxecto “O monstro das cores” que levarán para as súas casas ó finalizar este trimestre.
Este código permite ver a canción en LSE (lingua de signos) relacionada con este proxecto.
Aquí podedes ver o código QR da nosa canción.


CÓMO XERAMOS O CÓDIGO QR?
  • ENTRAMOS EN YOUTUBE E COPIAMOS O ENLACE DO NOSO VÍDEO.
  • ABRIMOS A PAXINA DALGÚN XERADOR DE CÓDIGOS QR.. Nós usamos este cógidos- QR
  • PEGAMOS O ENLACE E LISTO! XA TEMOS O NOSO CODIGO QR



APPs lectores de códigos QR:

Hai moitas aplicacións gratuítas tanto en google play como na app store que permiten escarnear códigos qr.
Coma por exemplo:

BEETAG READER.





QRAFTER



1 comentario: