mércores, 28 de decembro de 2016

EMISIÓN GALA DOS BOLECHAS NA TVG

O Sábado 31 de decembro ás 11:30 e o venres 6 de xaneiro ás 10:30 emitirase,  no Xabarín Club (TVG) a gala dos bolechas á que asistiron os nenos e nenas de Educación Infantil na Cidade da Cultura.

GALA DOS BOLECHAS

TVG

xoves, 22 de decembro de 2016

FELICES FESTAS



CUMPREANOS DE DECEMBRO

O mércores, coa axuda da profesora Silvia, puidemos grabar a festa de cumpreanos do mes de decembro. Os foguetes (un por cada ano) e unha nova incorporación que facemos a partir de agora nas celebracións dos aniversarios....todo un éxito.

PARABÉNS  JORGE, CELIA E SAÚL


"NA CASA DA MIÑA AVOA"

Esta foi a panxoliña que os grupos de 4 anos lle cantamos a tódolos nenos e nenas de Infantil. Cantado, signado e...bailado

martes, 20 de decembro de 2016

GALA DOS BOLECHAS 2016

Este luns os nenos e nenas de infantil fomos invitados á Gala dos Bolechas que se celebraba na Cidade da Cultura.

Si queredes saber o ben que o pasamos só tedes que clikar no video.

FOI XENIAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAL!!!!


mércores, 14 de decembro de 2016

martes, 13 de decembro de 2016

XOGANDO COS DEPRESORES


Os depresores de madeira resultan un material moi interesante para traballar infinidade de actividades dentro do aula de infantil. Unha destas actividades é a construcción de figuras xeómetricas, letras, números... que axudan ao alumnado a afianzar tanto os conceptos lóxico-matemáticos como os de lectoescritura a través do xogo.



OS RETOS DO MES DE DECEMBRO


Comenzamos este mes de Decembro descubrindo cada día unha sorpresa no noso calendario de Nadal. Cada día aparece unha tarxeta, na que ás veces, propóñensenos retos coma xuntar e ordear un pao da baralla ou coller tantas castañas coma indiquen os dados. Outras veces o agasallo é unha pegatina se conseguimos non estar no "semáforo vermello da clase"

QUE TOCARÁ MAÑÁN???????





CAIXAS DO OUTONO

Así de bonita quedou a nosa exposición de caixas de outono.
Despois do pintado con cores de outono, cada nen@ escolleu, entre todo o que trouxeron de casa, o que máis lle gustaba para facer a súa propia exposición dos productos de outono.


domingo, 11 de decembro de 2016

domingo, 13 de novembro de 2016

CELEBRANDO O MAGOSTO

Este venres celebramos o Magosto na escola. Nas primeiras horas da mañá estivemos rematando os nosos cucuruchos de castañas para levar para casa e xogar con eles coma se fosen marionetas. Á terceira hora saímos ao patio para xogar a distintos xogos tradicionais, no patio cuberto, para pasar depois a degustar as castañas que fixeron os compañeir@s no patio descuberto.
O tempo acompañou nesta mañá na que disfrutamos compartindo xogos e castañas.   



xoves, 10 de novembro de 2016

BEBUXANDO E PINTANDO ÁRBORES DE OUTONO

Aproveitamos as horas nas que a metade da clase acuden á aula de informática ou a biblioteca co prefesorado de apoio, para usar as témperas e os pinceis e avanzar na técnica do debuxo e ao mesmo tempo desenrolar a creatividade.

Partimos do visionado de árbores de outono na pantalla dixital e observamos e debatimos sobre a súa forma, as súas partes, o tamaño, a cor...para finalmente pasar á representación en papel do visto nas fotografías. Evitamos deste xeito os debuxos estereotipados para favorecer a creatividade e a visión persoal que cada cativo fai do observado previamente.

GRANDES ARTISTAS!!!!!


xoves, 3 de novembro de 2016

CONTACONTOS MOUNSTRUOSOS

O 28 de Outubro, con motivo da celebración do Samaín, os nenos e nenas de infantil reunímonos na biblioteca para escoitar dous contos no que as persoaxes protagonistas eran un lobo e un mountro. Persoaxes apasionantes que despertan no alumnado de infantil sentimentos encontrados de pasión e odio pero en todo caso altamente motivantes para os nosos cativ@s.








martes, 1 de novembro de 2016

CUMPREANOS DO MES DE OUTUBRO


PARABÉNS NOÉ, SABELA, MAURO, ERIC E MARCOS 





SAMAIN

Moitas grazas ás familias por participar na exposición de cabazas e coa axuda prestada cos disfraces dos nen@s.






BAILE DE ESQUELETOS NA PORTA DA CLASE

domingo, 23 de outubro de 2016

THE SQUELETON DANCE

Para aprender inglés mentres bailamos e aprendemos partes do corpo

MOMENTO DE RINCÓNS

Saber "circular" polos distintos rincóns do aula nun clima de calma, con autonomía, con liberdade pero respectando as normas, foi un dos obxectivos destas dúas últimas semanas. 

O respecto, a escucha, a atención, o tono de voz...son algúns dos obxectivos importantísimos a traballar nun aula...

...ESTÁMOLO CONSEGUINDO E SEGUIREMOS MELLORANDO!!!









PRIMEIRA SAÍDA DO CURSO

Comenzamos a tempada de saídas escolares cunha actuación da Banda Municipal de Santiago e a coñecida contacontos Paula Carballeira que nos foi contando unha historia na que os protagonistas eran os instrumentos musicais.


domingo, 29 de maio de 2016

REPASANDO AS EMOCIÓNS CON ESCORNABOT


Grazas a colaboración dunha familia de un dos nosos pequechos, estivemos repasando ás emocións con Escornabot, dentro do noso proxecto “O monstro das cores”.
Consiste nun proxecto de robot educativo para iniciar ós nenos e nenas mais pequenos no campo da robótica e a programaicón. Escornabot pode executar secuencias e movementos que son programadas polo propio neno ou nena.
Antes de comezar a utilizalo, o presentamos e lle asignamos un nome entre todos “COCHE”. Despois, comezamos a aprender a utilización deste escornabot á vez que repasabamos as emocións en LSE (lingua de signos) e tamén expresamos o que sentimos nese propio momento (algría-programamos a escornabot hacia o monstro amarelo, tristeza- programamos ó esconabot hacia o monstro azul...).





ACTIVIDADES PERSOALIZADAS CON TINY TAP

Durante este curso escolar utilizamos moitísimo esta app chamada TINY TAP.
Con ela, podemos crear actividades persoalizadas para os nosos alumnos/as tanto na escola como para familias e organizacións. Podemos crear presentación interactivas, historias, quizzes, xogos educativos, e adecuar a nosa clase á metodoloxía Flipped Classroom.
Tamén nos facilita a integración e aprendizaxe da Lingua de Signos (LSE).
Aquí podedes xogar co últimos tiny tap realizado a raíz da excursión ó parque zoológico de Marcelle, sobre os animais en LSE. 

luns, 11 de abril de 2016

Obradoiro de respostería

Durante a semana pasada estivemos facendo unhas piruletas do monstro de cores formando así parte do proxecto que leva o mismo nome. Durante a súa elaboración aprendemos habilidades de autonomía, a traballar en equipo, a desenvolver as propias posibilidades motrices e sensoriais á hora de realizar unha receta sinxela ou a iniciarse na lóxica-matemática experimentando coas cantidades.

Previamente, explicamos os ingredientes a utilizar na elaboración deste obradoiro: bolechas, chocolate branco, boliñas de chocolate cubertas de caramelo, colorante alimenticio e confeti de cores especial para repostería. Así mesmo, tamén aprendemos os ingredientes principais en lingua de signos.

A continuación pódense ver algunhas imaxes da elaboración e o resultado final.




mércores, 30 de marzo de 2016

O LIBRO DA ALEGRÍA

Durante o segundo e terceiro trimeste o libro viaxeiro da alegría está percorrendo as casas dos nenos e nenas de tres anos.

Neste libro plasman aquilo que lles produce alegría. Por exemplo Antón meteu no seu bote da alegría a Pepa Pig, unha piruleta da abella Maya... A Claudia lle encanta xogar ca súa irmá pequena e os días que fai sol...

Tamén non podemos esquecer que este pequech@s están aprendendo algunhas cousas que lle producen alegría en LSE e ensinándollo as súas familias!







xoves, 17 de marzo de 2016

IMPLEMENTACIÓN TICs. Códigos QR.

O uso de códigos QR forma parte da nosa vida cotiá e tamén como non, poden chegar a ter unha gran utilidade educativa.

Un código QR é un sistema para almacenar información nunha matriz de puntos, se caracterizan polos tres cadrados que se colocan nas esquinas e que permiten detectar a posición do código ó lector.

Na nosa aula de 3 anos aprendemos a xerar un código QR para poñer no dossier do proxecto “O monstro das cores” que levarán para as súas casas ó finalizar este trimestre.
Este código permite ver a canción en LSE (lingua de signos) relacionada con este proxecto.
Aquí podedes ver o código QR da nosa canción.


CÓMO XERAMOS O CÓDIGO QR?
  • ENTRAMOS EN YOUTUBE E COPIAMOS O ENLACE DO NOSO VÍDEO.
  • ABRIMOS A PAXINA DALGÚN XERADOR DE CÓDIGOS QR.. Nós usamos este cógidos- QR
  • PEGAMOS O ENLACE E LISTO! XA TEMOS O NOSO CODIGO QR



APPs lectores de códigos QR:

Hai moitas aplicacións gratuítas tanto en google play como na app store que permiten escarnear códigos qr.
Coma por exemplo:

BEETAG READER.





QRAFTER