Despedimos a Lara, a nosa alumna en prácticas, desexándolle o mellor para este final de Carreira.
Encantounos tela na nosa aula e desexamos que pronto poida exercer como mestra e cumprir así un dos seus soños.
MOITAS GRAZAS LARA E
...ATA SEMPRE.💗

Coa chegada da primavera e o bo tempo, saímos para merendar e xogar no parque próximo ao cole.
Aproveitamos para recoller elementos da Natureza que logo utilizaremos no aula.
Dentro do proxecto de receitas que nos trouxo Lara, e como actividade final, propuxo unha receita de macedonia para facer no cole.
CÓMO NOS GUSTOU FACELA E QUÉ RICA ESTABA!!!!
Con motivo do "Día do Libro", todo o cole participou na xornada de "Apadriñamento lector", na que grandes e pequenos disfrutan do intercambio de libros e lectura.
Grazas ao bo tempo, poidemos celebralo nun dos parques do barrio.
Entre os obxectivos da Educación figuran os Valores da Paz. É por iso que non podemos calar ante o que está a acontecer na Palestina.
O 12 de abril ás 12:00, xuntámonos moitos Centros de ensino galegos para denunciar esta situación.
O minuto de silencio no "Quiroga Palacios" foi conmovedor.