Hoxe Guili (así lle chamamos ao noso esquelete despois de someter os posibles nomes a votación) sorprendeunos pola mañá cunha bolsa sorpresa colgada dos seus fortes osiños.
.
Dentro da bolsa atopamos: un bote de cristal, unha botella cun pouco de vinagre, un oso (ao parecer de polo) e unha nota na que nos propoñía un experimento a partir dunha pregunta. ¿Qué pasará se introducimos un oso dentro dun recipiente con vinagre dende o luns ata o venres?
Pois só tiñamos que probar e esperar. Como tiñamos pouco vinagre buscamos a solución para que o oso quedase completamente sumerxido no vinagre. E decidimos que o mellor era poñelo o bote en horizontal
Apuntamos no calendario o día que metemos o oso no recipiente con vinagre e o día que debiamos comprobar o que pasaba, si era que pasaba algo.
O seguinte paso sería pensar nas posibles hipótesis sobre o que ía pasar co óso e as escribimos na pizarra branca
ISTO FOI O QUE PASOU!!!!!
Incluso ao final conseguímolo romper!!!!